|
O Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI), é un novo centro creado pola Universidade de Vigo en colaboración coa Xunta de Galicia no 2005. O CITI ten como misión potenciar o desenvolvemento do I+D+i nas empresas, mediante a creación de espazos de colaboración para favorecer e transferir coñecemento dende a Universidade ao tecido empresarial a través do desenvolvemento de proxectos conxuntos de I+D+i relacionados co ámbito agroalimentario, biotecnología, enerxía, medio ambiente e tecnoloxías da información. A Universidade de Vigo, e en particular o Campus de Ourense, acolle unha masa crítica de grupos de investigación no ámbito de actuación do CITI altamente competitivos, de gran proxección, e cunha alta capacidade de captación de recursos externos, formados en Centros estatais e internacionais. Neste contexto o CITI nace como un centro de investigación co obxectivo de proporcionar as infraestructuras necesarias para manter e mellorar o nivel científico acadado, proporcionar valor engadido e vantaxes competitivas para a captación de recursos externos, e subministrar servizos centralizados a ésta e outras universidades e centros de investigación públicos ou privados relacionados co ámbito de actuación do CITI. A estrutura do CITI e a súa ubicación no parque Tecnolóxico de Galicia (TECNOPOLE), facilita a transferencia das tecnoloxías desenvolvidas no Campus de Ourense. O edificio é un elemento nuclear para a realización das tarefas de investigación, innovación e transferencia do coñecemento do Campus Ourensano, onde a Universidade relaciónase coas empresas e desenvolve proxectos conxuntos a partir da transferencia do coñecemento adquirido, onde xorden ideas innovadoras sobre as que construír novas empresas. Xorde, pois, como un lugar: para crear coñecemento a partir da investigación para transferir coñecemento desde a Universidade ao tecido empresarial, a través do desenvolvemento de proxectos conxuntos fonte de ideas innovadoras a partir das cales construír novas empresas |